miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Ana Peleteiro, Xosé Manuel Piñeiro e Pilar Cernuda, entre as Medallas Castelao 2020

Ana Peleteiro. GERRY PENNY (EFE)
Ana Peleteiro. GERRY PENNY (EFE)
A Roda e Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, os outros dous premiados

O grupo musical A Roda, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, a xornalista Pilar Cernuda –colaboradora do Grupo El Progreso–, o comunicador Xosé Manuel Piñeiro e a atleta Ana Peleteiro recibirán este ano a Medalla Castelao concedida pola Xunta de Galicia.

Con este galardón o Executivo galego distingue aos galegos autores dunha obra que merece o recoñecemento do seu pobo en calquera disciplina.

O Consello de la Xunta decidiu este venres conceder a Medalla Castelao deste ano a estas persoas que cumpren cos requisitos establecidos para ser merecedores do premio, segundo indicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión semanal do Executivo galego.

Núñez Feijóo destacou que as persoas premiadas nas distintas opcións, con distinta intensidade e en distintas disciplinas "representan a galegos que merecen esta distinción", sinalou.

A medalla Castelao foi creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o 28 de xuño dese ano.

O decreto de creación deste galardón indica que a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras e do labor dos premiados con este recoñecemento debe ser o froito da entrega dunha vida, e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo, segundo explica a Xunta.

Ana Peleteiro, Xosé Manuel Piñeiro e Pilar Cernuda, entre as...
Comentarios