miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

A xuíza máis nova de Galicia xa ten destino

Algunos de los jueces que tomaron posesión, entre ellos Ana Eirea, cuarta por la derecha. TSXG
Algunos de los jueces que tomaron posesión, entre ellos Ana Eirea, cuarta por la derecha. TSXG

Ana Eirea, de 26 anos, tiña acabada a carreira de Dereito e aprobada a oposición aos 24

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, presidiu esta semana o acto solemne de xuramento-promesa ante a Sala de Goberno dos novos xuíces destinados a Galicia procedentes da 68 promoción da Escola Xudicial. 

Segundo informa o TSXG, Guillermo de Miguel Ferrer comezará a súa función xurisdiccional na provincia da Coruña; Ana Eirea Costoya, na de Pontevedra e Francisco José Lora Núñez, no xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín (Ourense).  Ao acto, ademais da Sala de Goberno, acudiron maxistrados do alto tribunal galego, fiscais e representantes dos colexios profesionais. 

Ana Eirea, natural de Betanzos, tiña acabada a carreira de Dereito e aprobadas as oposicións con 24 anos. Agora, aos 26, xa ten o seu primeiro destino. 

A xuíza máis nova de Galicia xa ten destino
Comentarios