A xuíza prorroga o segredo de sumario da operación contra Sito Miñanco

Non se levantará polo menos ata o 19 de marzo

Sito Miñanco llega a la Audiencia de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Sito Miñanco llega a la Audiencia de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O segredo de sumario da coñecida como operación Mito, na que se desenvolveu un macrodispositivo contra o narcotráfico no marco do cal foi detido –entre outros– o cambadés Sito Miñanco, permanece baixo segredo de sumario e, como mínimo, farao ata o 19 deste mes de marzo. 

As actuacións que dirixe a maxistrada Carmen Lamela desde o xulgado central de instrución número 3 de Madrid foron declaradas secretas o pasado 2 de febreiro, tres días antes de que se practicasen as ao redor de 40 detencións.

Entre os arrestados, ademais de Sito Miñanco, estaban os seus lugartenentes, unha filla súa e David Pérez Lago, fillastro do condenado por narcotráfico Laureano Oubiña. 

No auto, asinado o 19 de febreiro e ao que accedeu Europa Press, a xuíza sinala que non variaron os motivos polos que se declararon secretas as actuacións para todas as partes, a excepción da Fiscalía, polo que se prorrogaron un mes más. 

EN FOLGA DE FAME. A considerado cabeza da rede, José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, permanece en folga de fame no cárcere da Lama, onde chegou a semana pasada para enfrontarse a un xuízo pendente por suposto branqueo de capitais procedentes do narcotráfico e onde se puxo en folga de fame polo trato recibido, segundo denunciou.

O xuízo por branqueo na Audiencia Provincial de Pontevedra, que o sentou no banco xunto á súa primeira muller, a súa excuñada e un home considerado pola Fiscalía como home de palla, quedou finalmente suspendido polas recusacións presentadas por dúas das defensas tras comezar o día 27. 

Comentarios