Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Galicia mergúllase de novo no temporal de chuvia e vento

Flota amarrada en Vilagarcía. JOSE LUIZ OUBIÑA
Flota amarrada en Vilagarcía. JOSE LUIZ OUBIÑA

Cedeira rexistrou un refacho de 143 quilómetros por hora ► Os ceos anubrados e a choiva persistirán toda a fin de semana

A frota permanece amarrada este venres en moitas zonas de Galicia, nunha xornada na que está decretada a alerta laranxa por temporal costeiro, con ventos superiores aos 100 quilómetros por hora e choivas copiosas, con máis de 50 litros por metro cadrado acumulados en municipios como Cuntis ou Forcarei.

O refacho máximo de vento rexistrouse en Cedeira (143 quilómetros por hora), mentres que zonas da Mariña lucense como Viveiro ou Burela rexistráronse 135 e 128 km/ hora, respectivamente.

As actividades escolares no exterior están suspendidas e a Xunta tamén recomendou facer o propio coas deportivas ao aire libre en Pontevedra, o noroeste da Coruña e a costa de Lugo.

Para o venres pola noite esperábase mar combinado con ondas que poderán superar os 6 metros e vento no mar de forza 7-8 no litoral oeste e noroeste da Coruña. 

O temporal seguirá polo menos até o domingo
A borrasca Beatriz, que está situada ao oeste de Irlanda e o martes deixou máis de 400 incidencias en Galicia, volve afectar á comunidade e farao polo menos até o domingo. A choiva será a tónica predominante polo menos ata esa xornada.

Polo menos desde o sábado as temperaturas mínimas suavizaranse. Xa o luns, segundo Meteogalicia, chegará a transición cara á influencia anticiclónica.

Galicia mergúllase de novo no temporal de chuvia e vento
Comentarios