viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

A Xunta activará o 1 de xullo a época de alto risco de incendios forestais

Un dos incendios do verán pasado. EP
Un dos incendios do verán pasado. EP

A Xunta activará o 1 de xullo a época de alto risco de incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios forestais, que comezará o 1 de xullo e concluirá o 30 de setembro. 

Tal e como establece a Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian a adoptar para a defensa do territorio. 

Así, determinouse este período de alto risco tendo en conta os antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume. 

Nese período, como é habitual, traballarán na protección dos montes máis de 7.000 persoas, que conforman o dispositivo de loita contra incendios forestais para a tempada de verán. Este servizo inclúe persoal da Xunta, dos concellos, do Ministerio, do exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Ademais, como novidade, este ano, a época variable de incendios comprende tamén os meses de xuño e outubro, ademais dos de febreiro, marzo e abril. Por iso é polo que se reforcen eses dous meses con persoal fixo-descontinuo, que o pasado ano traballaron catro meses e este farano cinco. 

A Xunta activará o 1 de xullo a época de alto risco de incendios...
Comentarios