sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

A Xunta autoriza 67 millóns para reforzar o tecido empresarial galego

Alberto Núñez Feijóo.LAVANDEIRA JR (Efe)
Alberto Núñez Feijóo.LAVANDEIRA JR (Efe)
“Dada a situación económica que nos preocupa para este ano 2020 e seguintes”, o Goberno autonómico aposta por reforzar a axenda de industria 4.0 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a convocatoria de dez iniciativas para favorecer ao tecido empresarial de Galicia cun orzamento de 67 millóns de euros co obxectivo de reforzar ao sector ante un “ano de incertezas económicas e políticas”.

A primeira reunión do Goberno galego do ano 2020 serviu para dar luz verde á convocatoria dunha serie de medidas coas que “impulsar a transformación dixital do tecido empresarial galego e consolidar o modelo de industria 4.0”.

En total acordouse pór en marcha dez programas, tres deles novos, segundo Núñez Feijóo, que contarán cun orzamento de 67 millóns de euros e que se activarán “nas primeiras semanas de 2020”.

“Dada a situación económica que nos preocupa para este ano 2020 e seguintes”, a Xunta aposta por reforzar a axenda de industria 4.0 en busca dunha “Galicia máis innovadora que terá máis emprego”.

“Como veñen curvas, queremos desde o primeiro instante pór a disposición do tecido empresarial” os recursos que sexan posibles, resolveu.

A Xunta autoriza 67 millóns para reforzar o tecido empresarial galego
Comentarios