miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

A Xunta comunica aos contaxiados por Covid que non poden ir votar e pide "responsabilidade"

Preparativos nun colexio electoral en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Preparativos nun colexio electoral en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Considera que ir ao colexio electoral sendo positivo sería unha infracción da Lei de Saúde de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou este sábado de que a Consellería de Sanidade comunicou aos afectados quen non pode ir votar nas eleccións deste domingo por dar positivo por coronavirus ou estar á espera do resultado das probas. Apelou á súa "responsabilidade", posto que non haberá dispositivo de vixilancia para controlar que non rompan o illamento. 

O Goberno galego advertiu, no entanto, de que ir a un colexio electoral tras dar positivo por Covid-19 ou estando á espera de realizar a proba ou con síntomas suporía unha infracción da Lei de Saúde Galicia por desobediencia ás autoridades sanitarias e causar un risco sanitario. 

En declaracións aos medios tras visitar o centro de prensa para a xornada electoral, Rueda sinalou que, en comparación "co resto do censo, non son un número significativo" e apuntou que "non chega a 300"

De acordo cos datos achegados este sábado pola Consellería de Sanidade, hai 259 casos activos de Covid-19 en Galicia —positivos que non poderían ir ás urnas, salvo que reciban a alta antes—, pero o dato concreto de canta xente non poderá exercer o seu dereito ao voto non está calculado porque os que están pendentes de proba varían constantemente, segundo apuntaron fontes da Xunta. 

As persoas en corentena que non teñen un test positivo e non están pendentes de proba poden ir votar con todas "as precaucións"

O vicepresidente manifestou que "hai circunstancias que determinan que non se pode ir votar" e que para este caso "así o ratificou a xunta electoral. "Creo que a responsabilidade desas persoas fará que entendan que, se non votaron por correo, non poden ir votar", engadiu. "A esas persoas non se lles vai poñer vixilancia, pero seguro que entenden que, polo seu propio interese e polo do todo o mundo, non poden acudir aos colexios electorais", insistiu. 

Quen estea en corentena sen resultado positivo e sen estar pendentes de proba, con todo, si poden saír, "tomando todas as precaucións", para depositar o seu voto, recordou o vicepresidente. En calquera caso, Rueda afirmou que quen non pode acudir aos colexios electorais "sábeo perfectamente" porque as autoridades sanitarias xa llo comunicaron. 

Rueda espera unha xornada electoral "sen incidencias", e quixo trasladar á cidadanía "tranquilidade" xa que se poderá acudir aos colexios electorais "con todas as garantías sanitarias". "Agradezo que todos os partidos políticos entendan que hai que chamar á mobilización", asegurou o vicepresidente, que quere que "os votantes decidan libremente a opción política que prefiran" e que saiban que "poderán facelo con total tranquilidade porque os colexios electorais están preparados para acollelos". 

Euskadi afronta tamén este domingo unha xornada electoral, e avisou aos positivos por Covid-19 de que non poden ir votar e, se o fan, cometerán un delito contra a saúde pública, que poderá ser penalizado. Segundo o Goberno vasco, unhas 160 persoas atópanse nesta situación. 

A Xunta comunica aos contaxiados por Covid que non poden ir votar e...
Comentarios