Miércoles. 17.10.2018 |
El tiempo
Miércoles. 17.10.2018
El tiempo

A Xunta mantén a súa oferta e dálle tres días aos sindicatos de Xustiza para aceptala

Os representantes sindicais dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, ao comezo da reunión para desbloquear a folga, este martes en San Caetano. LAVANDEIRA JR (EFE)
Os representantes sindicais dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, ao comezo da reunión para desbloquear a folga, este martes en San Caetano. LAVANDEIRA JR (EFE)

De ser rexeitada a súa proposta, o Goberno galego quedaría "liberado dos ofrecementos" que fixo con anterioridade 

O Goberno galego decidiu dar aos sindicatos de Xustiza un prazo de tres días, que finaliza este venres ás 14.00 horas, para que se adscriban á súa última oferta ou, pola contra, os representantes da Administración veríanse "liberados dos ofrecementos que se fixeron" e serían os seus órganos administrativos os que tomarían unha decisión para pechar o conflito. 

Así o ratificou o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, en declaracións aos medios tras a reunión da mesa sectorial, que se prolongou sobre unha hora e na que o Executivo autonómico puxo sobre a mesa exactamente a mesma oferta que expuxo o 26 de abril, co único cambio: o de "retirar", explicaron os sindicatos, o artigo relativo a que sería sometida á votación dos traballadores. 

Ás portas de que se cumpran os cen días dunha folga que, aínda que formalmente non foi desconvocada si está de facto suspendida, Martín avogou por esperar ao venres para ver que deciden os sindicatos. En todo caso, lembrou que a mesa sectorial é paritaria –con peso igual de sindicatos e Xunta, só que o presidente (el, neste caso) ten voto de calidade–. 

Isto supón que, chegado o caso, a Xunta podería aplicar unilateralmente a súa oferta, aínda que tanto o director xeral de Xustiza como o seu homólogo de Función Pública, José María Barreiro, rexeitaron "adiantar acontecementos" e apelaron a esperar ata o venres. Iso si, en vista da situación da folga, a Xunta baralla suprimir xa os servizos mínimos –775 efectivos ao día–. 

Por parte dos sindicatos, as posturas que manifestaron á saída son diverxentes. Así, UXT, CC OO e CSIF prevén someter a oferta á decisión dos seus afiliados; SPJ-USO ten que decidir que facer, pero apostaría por que falasen os traballadores no seu conxunto; mentres que Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ inciden en que os traballadores "xa se pronunciaron" e dixeron "non" a esta oferta en votación. 

A Xunta mantén a súa oferta e dálle tres días aos sindicatos de...
Comentarios