domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

A Xunta destina 1,6 millóns a vivenda en cascos vellos da provincia de Lugo

Zona vella de Viveiro. AMA
Zona vella de Viveiro. AMA

A administración autonómica distribuirá 2.882.218 euros entre sete concellos galegos, cinco deles lucenses: Vilalba, Viveiro, Quiroga, Sober e Chantada. O obxectivo é financiar actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios en zonas antigas

O Consello da Xunta aprobou na súa última reunión acordos de financiamento entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os concellos de Vigo, Ribadavia, Chantada, Quiroga, Sober, Viveiro e Vilalba por máis de 2,8 millóns de euros. A repartición de fondos realízase entre os concellos que non solicitaron financiamento para as súa área de rehabilitación integral (ARI) na convocatoria de 2018 ou xa o tivesen comprometido.

Entre as actuacións que poden acometer con estes fondos está a rehabilitación en edificios e vivendas, o fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e o fomento da conservación, mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas. Tamén a urbanización ou reurbanización de espazos públicos, demolicións ou gastos derivados de realoxos temporais mentres duras as obras.

Unha vez asinados os convenios cos correspondentes concellos, serán estes os encargados de realizar a convocatoria para que os propietarios de vivendas e edificios de vivendas interesados nelas poidan solicitalas. Para Chantada son 280.973 euros, para Quiroga 217.500, para Sober 196.000, para Vilalba 510.145, para Viveiro 410.000 euros, para Ribadavia 350.500 y para Vigo 517.100.

A Xunta destina 1,6 millóns a vivenda en cascos vellos da provincia...
Comentarios