A Xunta destinará 7 millóns de euros a axudas para a plantación de frondosas e coníferas

O Goberno galego cre que estas plantacións son"a mellor forma de loitar contra os incendios"

Incendio en Cervantes. XESÚS PONTE
photo_camera Incendio en Cervantes. XESÚS PONTE

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou este xoves que a Xunta destinará este ano sete millóns de euros ás axudas para a creación de superficies forestais con frondosas e coníferas, como "a mellor forma de loitar contra os incendios".

O Executivo galego aumenta este ano a partida destinada a fomentar a forestación de terras non agrícolas con ambas as especies co obxectivo de favorecer o aumento da diversidade, así como aumentar a superficie forestal arboredo e reducir o risco de incendios mediante a valorización dos terreos forestais, detallou Núñez Feijóo.

Con estes fondos subvenciónanse os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais. Ademais, fináncianse as infraestruturas de acompañamento e obras complementarias.

Segundo explicou, os beneficiarios destas achegas serán as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta así como as comunidades de montes veciñais en formato mancomunado.

A novidade desta convocatoria, tal e como apuntou Núñez Feijóo, radica en strong <>o incremento das "superficies máximas subvencionables" por tipo de beneficiario, pasando de 50 a 150 hectáreas nos casos de comunidades de montes veciñais, e de 15 a 150 para os propietarios particulares.

Así mesmo, outra das novidades desta convocatoria é que, por primeira vez, ofréceselle a posibilidade de beneficiarse destas axudas aos propietarios que, en base á lei de 2007, teñan o deber de limpar as franxas secundarias de biomasa. Para acceder a estas axudas, o requisito é que as franxas superen unha hectárea de superficie.

A liña de axuda estará vixente ata outubro de 2019 para que se poidan executar estas plantacións.

Comentarios