A Xunta estende as restricións a Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha

Proseguen vixentes as limitacións en Lugo e A Coruña e levántanse as medidas en Abegondo, Bergondo, Carral e Sada
Una enfermera conversa con un enfermo.LAURENT GILLIERON (Efe)
photo_camera Unha enfermeira atendendo un paciente (Efe)

O Goberno galego decidiu estender as restricións sanitarias debido ao incremento de casos e os brotes de Covid-19 detectados no territorio. En concreto, estenderanse estas medidas de contención, ata agora aplicadas na Coruña e Lugo, aos municipios de Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha. 

Así o avanzou este mércores o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha comparecencia pública após participar na reunión do comité de expertos que asesora á Xunta sobre a evolución da pandemia. Tamén sinalou que estas medidas se levantarán en Abegondo, Bergondo, Carral e Sada. 

As reunións deberán limitarse a un máximo de 10 persoas e aplicarase unha redución de aforamentos en locais de hostalaría de até o 50 por cento, tanto en interior como en terrazas, que non poderán ofrecer servizo en barra. A limitación de usuarios afectará ademais a lugares de culto e velorios e pecharán residencias e centros de día

Comentarios