sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

A Xunta fará cribados semanais nas residencias

Alberto Núñez Feijóo. EFE
Alberto Núñez Feijóo. EFE
Núñez Feijóo remarcou que esta medida é "un dos obxectivos fundamentais" da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos xa anunciada

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves, tras a reunión do Consello da Xunta, que Galicia levará a cabo cribados semanais das residencias sociosanitarias. 

Para iso, ademais de incrementar a frecuencia de realización de probas PCR, estas complementaranse con tests de antígenos para reforzar a capacidade diagnóstica. 

O presidente remarcou que esta medida é "un dos obxectivos fundamentais" da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos xa anunciada e anticipou que se vai a implantar un plan de choque nas residencias sociosanitarias. 

O contido deste plan -do que non deu máis detalles- será concretado este venres polos conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e Política Social, Fabiola García. 

"As residencias de maiores son unha das nosas maiores preocupacións e imos seguir apostando pola detección precoz", concluíu Feijóo, tras recordar que Galicia foi "a primeira comunidade autónoma que implantou cribados quincenais". 

A Xunta fará cribados semanais nas residencias
Comentarios