jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

A Xunta: "Fomento coñece a data de finalización do Ave ata Ourense, pero cala"

Obras del Ave en Zamora. AEP
Obras del Ave en Zamora. AEP
A conselleira Ethel Vázquez cre que o silencio de Adif demostra que o atraso na obra é "moi importante"

A titular de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, acusou a Fomento de ocultar a data de posta en servizo da Alta Velocidade a Galicia, ao afirmar que "a data de finalización do Ave ata Ourense é un dato que o Ministerio coñece e que cala".

Nunha entrevista en Radio Galega, Vázquez insistiu en que o feito de que a presidenta do Adif a lucense Isabel Pardo de Vera, evite pór prazos concretos demostra que o atraso é moi "importante".

"As estruturas, os viadutos, túneles, a plataforma está practicamente finalizada, pero resta a colocación da vía, a electrificación, a catenaria, que é menos investimento pero que tamén leva moitísimo tempo. Son máis de 100 quilómetros. Polo tanto, a nosa previsión é que o atraso é importante. Eu creo que é unha evidencia que onte non se dese data ningunha é porque o atraso é importantísimo", dixo a conselleira.

Incidiu en que Galicia "non se pode permitir non ter Alta Velocidade para o Xacobeo" e engadiu que "nós temos esa dúbida que pode chegar en 2021, por iso estamos vixiantes e insistimos en que queremos interlocución e información" co Ministerio de Fomento.

Ethel Vázquez tamén reclamou unha reunión con Fomento para abordar a proposta da Xunta para frear a subida das peaxes da AP-9, que considera "o negocio do século" para Audasa e que atribuíu a un acordo "blindado" polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

"Incrementos acumulativos -dixo- consecuencia dun acordo dun Goberno do Partido Socialista con Audasa. Un acordo que debe ser revisado porque o certo é que analizamos ese acordo e desde logo que para Audasa foi o negocio do século porque estamos a ver que se pagan 1.400 millóns de euros por obras de 230 millóns", expuxo. 

A Xunta: "Fomento coñece a data de finalización do Ave ata Ourense,...
Comentarios