A Xunta iniciará este xoves os trámites relativos ao caso do Pazo de Meirás

Segundo informou a Xunta está previsto que o Consello aprobe este xoves a autorización necesaria para que se inicien estes trámites

Pazo de Meirás.CABALAR (Efe)
photo_camera Pazo de Meirás. CABALAR (EFE)

O Consello da Xunta iniciará este xoves os trámites para que os servizos xurídicos da Administración autonómica poidan acudirse no proceso civil iniciado polo Executivo central para a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público.

Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, está previsto que o Consello aprobe este xoves, na súa reunión semanal, a autorización necesaria para que se inicien estes trámites.

Con esta decisión dáse tamén cumprimento á Proposición non de Lei aprobada en xuño no Parlamento galego, na que se instaba á Administración xeral do Estado a realizar as accións legais oportunas para reintegrar o Pazo de Meirás ao patrimonio público.

Comentarios