jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

A Xunta permite aos cazadores moverse por toda Galicia para batidas de xabarís ou lobos

Un cazador. ADP
Un cazador. ADP
A Asociación Agraria de Galicia valora que se poña en marcha para este fin de semana e Libera critica a medida 

A Xunta publicou unha circular pola que os cazadores poderanse mover por toda Galicia, a pesar das restricións para entrar e saír de case 70 concellos, para participar en batidas de xabarís ou lobos. 

Nesta resolución asinada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, apúntase que se permiten as cacerías de xabaril aprobadas para a tempada 2020-21 nos plans anuais dos Tecor. 

Así mesmo, pódense facer con liberdade de movemento polo territorio aquelas batidas por motivos de danos na agricultura ou gandería ocasionados por xabaril e/ou lobo –requiren da súa comprobación previa por parte de xefaturas territoriais–, así como por accidentes de tráficos graves reiterados nun mesmo punto. 

Críticas por parte de Libera: "Mentres decenas de municipios teñen limitacións de mobilidade conséntese o libre desprazamento dos escopeteiros"

No caso de que as accións de caza impliquen máis dunha persoa, débese dispor dun plan de actuación por parte do responsable da cacería, no que se detallen as medidas de prevención e hixiene. 

A Xunta recorda que os cazadores teñen que gardar as distancias de seguridade, levar a máscara e non poden compartir utensilios de caza nin comida ou bebida.

REACCIÓNS. Respecto diso, a Asociación Agraria de Galicia celebra que a Consellería de Medio Ambiente atenda a súa petición de declarar a caza maior como "actividade esencial". 

Valora que, "a partir deste fin de semana, poderán desprazarse por toda a comunidade tanto os afeccionados federados como o non federados" e poderán reunirse con outros cazadores "cos que non convivan". 

Pola súa banda, Libera denuncia "a enésima cesión" da Xunta ao "lobby procaza". "Mentres decenas de municipios teñen limitacións de mobilidade conséntese o libre desprazamento dos escopeteiros", reproba. 

Nun comunicado, a asociación animalista censura que "non existe ningún informe ou estudo que avale a necesidade destes desprazamentos polo territorio". 

A Xunta permite aos cazadores moverse por toda Galicia para batidas...
Comentarios