jueves. 25.02.2021 |
El tiempo
jueves. 25.02.2021
El tiempo

A Xunta presenta o proxecto de decreto para regular venda de carne de caza

Un cazador con su perro. AEP
Un cazador con su perro en la pasada temporada de caza mayor. AEP (ARCHIVO)

A Administración recolle tamén as condicións para a inspección veterinaria para o proceso da súa actividade

A Xunta de Galicia publicou este luns no Portal de Transparencia o proxecto de decreto para regular as condicións sanitarias da carne procedente da caza maior, por exemplo a dos xabarís, co obxectivo final de facilitar "o consumo" da mesma e "minimizar o posible risco de transmisión de enfermidades ás persoas".

As encargadas de elaborar esta normativa, que tamén pretende regular a comercialización da carne procedente da caza maior, son as Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade.

Coa publicación no Portal de Transparencia dese proxecto de decreto, a Xunta aclara nun comunicado que se inicia o prazo para presentar suxestións a ese texto, concretamente ata o 1 de abril.

En concreto, o texto que se deu a coñecer establece os requisitos para a subministración directa por parte do cazador ao consumidor final e aos establecementos de restauración de "pequenas cantidades de carne fresca" procedente da caza maior.

Así mesmo, recolle as "normas que teñen que cumprir os locais intermedios" para manexar esa carne e como debe realizarse o transporte das pezas –requisitos hixiénico–sanitarios– desde o lugar de caza.

Tamén recolle as condicións para a inspección veterinaria dos locais intermedios de faenado de caza maior silvestre e do destino das pezas.

Con estas medidas, o Goberno galego pretende "fomentar e promover a comercialización de carne de caza e produtos derivados da mesma", ante o incremento de exemplares de especies cinexéticas, especialmente de caza maior silvestre.

A Xunta presenta o proxecto de decreto para regular venda de carne...
Comentarios