miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

A Xunta realiza o test de detección da Covid-19 aos 134 alumnos da XII promoción de Policía Local

Academia Galega de Seguridade Pública. AGASP
Academia Galega de Seguridade Pública. AGASP
O protocolo enmárcase dentro do programa para o control do coronavirus aos efectivos da Policía Local de Galicia

Os 134 alumnos da XII promoción de Policía Local que se está formando na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) realizáronse esta semana os test serolóxicos de dobre banda para a detección do coronavirus, no marco do convenio entre a Vicepresidencia, o Sergas e a Fegamp.

Este acordo recolle a posta en marcha do programa do control da Covid-19 para os efectivos da Policía Local dos concellos galegos. No caso de que neste test se detecten casos positivos, procederase a facer unha proba PCR. Ademais, inclúe as accións previstas para o control de casos da Covid-19 que puidesen afectar a calquera axente e auxiliar das policías locais, así como para garantir o desempeño das súas funcións en condicións seguras. 

Os 134 alumnos desta promoción, a máis numerosa da historia da Agasp, regresarán desde este venres aos seus 38 concellos de orixe para finalizar a súa formación práctica. Debido ao estado de alarma decretado o pasado marzo pola crise sanitaria da Covid-19, a Academia suspendeu as clases e decidiu adiantar parte desta formación práctica, polo que estiveron colaborando neses meses cos axentes de Policía Local dos seus municipios na loita contra a pandemia. 

O pasado 1 de xuño, retomaron a formación teórica na Agasp, con todas as medidas de prevención e seguridade fronte ao coronavirus establecidas no seu protocolo. Ademais do uso obrigatorio de máscara, a Academia adaptou as súas instalacións e reorganizou os horarios para evitar aglomeracións e para garantir a seguridade de todos os usuarios. Entre setembro e novembro terminarán o curso básico de selección de Policía Local na Academia.

A Xunta realiza o test de detección da Covid-19 aos 134 alumnos da...
Comentarios