Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

SPJ-USO e UGT adhírense á oferta de Xusticia da Xunta

Julio Bouza, presidente del comité de huelga de los sindicatos de Justicia. BRAIS LORENZO (EFE)
Julio Bouza, presidente del comité de huelga de los sindicatos de Justicia. BRAIS LORENZO (EFE)

Adoptan a decisión "dada a imposibilidade de poder consultar aos traballadores" e de "poder modificar nin unha soa coma a proposta da Xunta, cun comité de folga totalmente roto"

O sindicato maioritario entre os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, SPJ-USO, e o terceiro en representatividade, FeSP UGT, comunicaron á Xunta que se adhiren á súa oferta.

A través dun comunicado, o sindicato SPJ-USO explica que adopta a súa decisión "dada a imposibilidade de poder consultar aos traballadores" e "a imposibilidade real de poder modificar nin unha soa coma a proposta da Xunta, cun comité de folga totalmente roto".

Pretende, ademais, evitar que quede "en mans da Xunta de Galicia a posibilidade de inaplicación, suspensión ou retirada das condicións conseguidas no referido principio de acordo".

"Chegados a este momento e despois de que o conxunto de traballadores nos esixen que tomemos decisións é polo que entendemos que debemos dar o paso de adherirnos ao presente acordo nun exercicio de responsabilidade e sobre todo de representatividade, que nos corresponde por ser o sindicato maioritario na Administración de Xustiza de Galicia", conclúe.

Anuncia, ademais, que realizará a próxima semana asembleas informativas no sete grandes cidades galegas para explicar esta decisión.

O ata hoxe presidente do comité de folga, Julio Bouza, explicou a Efe que a decisión se adopta "por unanimidade de todo o colectivo de SPJ-USO en Galicia".

"O fácil é criticar e menosprezar, o difícil é tomar decisións. Ás veces, a xente coherente e a xente con sentido común ten que tomar decisións. SPJ-USO tomou unha decisión valente. Non é unha hipoteca para sempre nin unha soga ao pescozo, é un acordo momentáneo que dura tres anos", continuou.

Minutos máis tarde, fontes de FeSP UGT confirmaron a Efe a súa adhesión á formulación do Goberno galego, que se produce dous días despois de abandonar o comité de folga debido a que entende que houbo incorporación masiva de traballadores tras unha oferta que cumprías as reivindicacións da folga.

A oferta exposta pola Xunta e rexeitada en votacións o 27 de abril tiña acordo nos puntos vinculados ás baixas por enfermidade, substitucións, reforzos e amortizacións de prazas.

O desacordo centrouse na subida salarial, con doce euros de diferenza entre as partes, e a cláusula de revisión, en que a Xunta ofrece garantir salarios por encima da media mentres os sindicatos piden manter sempre a posición á que os envía a presente oferta. 

SPJ-USO e UGT adhírense á oferta de Xusticia da Xunta
Comentarios