lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

A Xunta reparte o material de protección nos case 2.400 locais de votación

Friol ensaia o protocolo de protección para a xornada electoral do domingo

A Xunta repartiu xa o material de prevención e protección fronte ao coronavirus nos 2.395 locais nos que haberá urnas este domingo para votar nas eleccións autonómicas. Un total de 2.390.523 máscaras cirúrxicas, 43.320 botes de xel hidroalcóholico e 47.272 pantallas faciais de protección forman parte do dispositivo de prevención deseñado para garantir a seguridade na xornada electoral. 

Para votar será obrigatorio o uso da máscara por parte dos cidadáns, aos que se lles facilitará unha no caso de que non conten con ela. Ademais, deberán hixienizar as mans con xel hidroalcohólico tanto no acceso ao local como logo da votación. 

Un dos locais de votación de Friol acolleu este xoves unha demostración para poñer en práctica as medidas de prevención sanitaria recollidas no protocolo elaborado polo Goberno galego. 

Na conta atrás para os comicios, o Concello Ferrol viuse obrigado a cambiar de localización tres colexios electorais. Así, os electores que votaban no centro cívico de San Pablo deberán facelo no IES de Catabois. Os que exercían o seu dereito a voto na asociación de veciños de San Salvador de Serantes terán que facelo na Escola Oficial Náutico Pesqueira. E os que ían á antiga escola unitaria de Doniños deberán acudir á xunta veciñal de Doniños. 

A Xunta reparte o material de protección nos case 2.400 locais de...
Comentarios