A Xunta xa atendeu máis de 13.200 avisos para a retirada de niños de velutina

O operativo de Seaga está a xestionar unha media de 63 incidencias por xornada

O Goberno galego xa atendeu máis de 13.200 avisos para a retirada de niños de velutina, tras a posta en marcha do Plan de Loita contra esta especie entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias. 

O operativo de Seaga está a xestionar unha media de 63 incidencias por xornada, que ascendeu a unha media de 217 esta semana. A maioría, oito de cada dez, contabilizáronse entre as provincias da Coruña e Pontevedra, con preto de 6.00 e 4.600 avisos, respectivamente. 

Ourense, pola súa banda, contou cuns 1.150, mentres que Lugo os 1.408 restantes, segundo engade a Xunta nun comunicado. 

Comentarios