jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

O xurado popular declara ao Chamaco culpable de asasinato

O Chamaco, durante la última sesión del juicio. VICTORIA RODRÍGUEZ
O Chamaco, durante la última sesión del juicio. VICTORIA RODRÍGUEZ
A decisión foi tomada por unanimidade ► Tamén foi declarado culpable de ameazas e de malos tratos ao fillo menor da vítima

O xurado popular sobre quen recae a decisión final sobre as circunstancias que rodearon ao crime e os motivos que levaron a José Manuel Carballo Neira, O Chamaco, a matar á súa esposa, Ana Gómez, cunha escopeta o 11 de febreiro de 2016 en Becerreá  deu na mañá deste venres o seu veredicto: culpable de asasinato.

Na decisión, tomada por unanimidade, os seis homes e cinco mulleres que conforman o xurado tamén declararon ao Chamaco culpable de ameazas –igualmente por unanimidade– e de malos tratos ao fillo menor da vítima –que foi alcanzado pola bala–, culpable por maioría.

Así, O Chamaco, que defendía que a morte da súa muller fora un accidente, foi declarado culpable dos delitos de asasinato, ameazas e malos tratos. Mentres que o veredicto para os dous primeiros delitos adoptouse por unanimdad, o terceiro –malos tratos ao seu fillo pequeno– foi determinado por unha maioría de sete votos a favor e dous en contra. 

As acusacións manteñen a petición de 28 anos de cárcere para o autor do crime machista de Becerreá.

A Fiscalía e a acusación particular manteñen a súa petición de 28 anos de cárcere, dous anos por ameazas e un por malos tratos ao fillo pequeno. Ademais, a acusación particular reclama unha indemnización de máis de 300.000 euros para o condenado. 

Pola súa banda, a avogada de O Chamaco, Paloma Becerra, requiriu unha condena 20 anos polo crime, seis meses por ameazas e outros seis meses polo delito de malos tratos.

FEITOS 

Os feitos xulgados remóntanse ao 11 de febreiro de 2016, cando a muller do acusado acudiu ao domicilio que a parella compartía en Becerreá coa intención de pedirlle o divorcio a O Chamaco, que disparou por detrás cunha escopeta á súa esposa, resultado tamén ferido o fillo pequeno dela

Previamente rexistráronse episodios de ameazas, como o acontecido o 20 de xaneiro cando intimidou á súa muller coa mesma escopeta coa que perpetrou o crime. 

O avogado da acusación particular, que representa aos fillos de Ana Gómez e á súa irmá, Óscar Núñez-Torrón confesou que "é un día non para estar satisfeitos, loxicamente, porque nunca vai haber un reparo con respecto ao que paso". 

"No entanto, desde o punto de visto do xuízo as previsións non podían ser mellores", indicou tras coñecerse a decisión do xurado de condenar O Chamaco polos tres delitos. 

"As teses das dúas acusacións co veredicto do xurado ao cento por cento frutificaron e nese sentido estamos moi contentos", manifestou. 

O xurado popular declara ao Chamaco culpable de asasinato
Comentarios