Lunes. 18.06.2018 |
El tiempo
Lunes. 18.06.2018
El tiempo

Outras 21 actrices, obxectivo do agresor de Sara Casasnovas sen ser informadas

Sara Casasnovas, á súa chegada á Audiencia Provincial de Madrid durante o xuízo contra Arndt Meyer. EFE (ARQUIVO)
Sara Casasnovas, á súa chegada á Audiencia Provincial de Madrid durante o xuízo contra Arndt Meyer. EFE (ARQUIVO)

Un total de 18 das intérpretes son españolas

O alemán Arndt Meyer, coñecido por tentar asasinar á ourensá Sara Casasnovas cunha ballesta, tiña no seu poder información doutras 21 actrices –18 delas de nacionalidade española–, segundo consta nun informe policial.

Como informa El País o acosador, que foi expulsado de España en maio do pasado ano tras permanecer oito anos en prisión, xa contaba con fotografías de oito actrices durante a súa estancia no cárcere madrileño de Estremera, ao que agora hai que sumar as imaxes destas 21 actrices que estaban en posesión do atacante, de 48 anos.

Un dos puntos máis controvertidos do tema é que ningunha intérprete foi informada da obsesión de Meyer. Os datos de todas elas aparecen nun documento do Ministerio de Interior remitido ao Xulgado que investigou o caso, pero ningunha ten a condición de testemuña protexida.

En declaracións a El País algunhas das afectadas mostraron a súa preocupación por esta falta de información."Non podo entender como non nos avisaron dunha circunstancia tan seria", afirmou unha, mentres outra se preguntaba "por que ninguén nos advertiu?", sabendo o que "sufriu (Sara Casasnovas) con este caso".

A actriz galega recibiu o ataque de Meyer en xuño de 2009, cando saía dunha función no teatro Reina Vitoria de Madrid.

Outras 21 actrices, obxectivo do agresor de Sara Casasnovas sen ser...