Pau Gasol confirma a súa voda con Catherine McDonell

"É o momento máis máxico que vivín na miña vida", declarou o center

Pau Gasol e Catherine McDonnell na voda duns amigos. INSTAGRAM
photo_camera Pau Gasol e Catherine McDonnell na voda duns amigos. INSTAGRAM

Pau Gasol confirmou na súa conta de Instagram a súa voda coa xornalista e empresaria estadounidense Catherine McDonell o pasado 7 de xullo en San Francisco (EE. UU.).

Os noivos déronse o si quero nunha cerimonia á que asistiron personalidades do deporte ademais dos seus familiares e amigos máis íntimos. 

A pesar de que mantiveran o noivado na privacidade, os recentemente casados quixeron confirmar o martes a súa ligazón a través das redes sociais.

"O momento máis máxico que vivín na miña vida! Faime moi feliz compartir convosco un detalle da nosa voda!" anunciou o deportista español na súa conta de Instagram.

Antes da celebración da voda, a parella pedira aos invitados que, no canto de agasallos, apoiasen ás asociacións coas que ambos colaboran: a Gasol Foundation, que loita contra a obesidade infantil, e a Tess Research Foundation, que axuda a financiar a investigación sobre unha enfermidade.

Comentarios