Russell Crowe poxa todas as cousas que lle recordan á súa ex

O actor neozelandés 'celebra' así o acordo para o seu divorcio de Danielle Spencer, dez anos despois da súa separación

Russell Crowe. CLAUDIO PERI (EFE)
photo_camera Russell Crowe. CLAUDIO PERI (EFE)

Russell Crowe: a arte do divorcio. Ese é o nome da insólita poxa que organiza o actor neozelandés para desprenderse de todas as pertenzas que lle recorda á súa exesposa.

Na poxa, que se celebrará o próximo 7 de abril da man da casa de poxas Sotheby's, habrá reloxos, películas, cadros, mobles, guitarras, un Mercedes, dúas motos, unha armadura que usou en Gladiator e varias bicicletas. "Tenía moitas e deime conta de que só teño un cu", explicou o actor de 53 anos a través da súa conta de Twitter.

Crowe asegura que o divorcio "ten o seu xeito de facerche examinar as cousas que son importantes da vida e as que non". 

A poxa chega apenas uns meses despois de que chegase ao fin a un acordo para o seu divorcio con Danielle Spencer, da que levaba separado dez anos. Ademais, a data da poxa coincide co aniversario de Crowe e co décimo quinto aniversario da súa voda.

Comentarios