Miércoles. 17.10.2018 |
El tiempo
Miércoles. 17.10.2018
El tiempo

Vicente chama "rata" a Cepeda

Aitana e Vicente. INSTAGRAM
Aitana e Vicente. INSTAGRAM

O ata agora noivo de Aitana estreou a súa nova conta de Instagram cun duro ataque ao ourensán

Días despois de que a concursante de Operación Triunfo Aitana deixase de seguir nas redes sociais ao que ata agora era o seu noivo –disparando os rumores de ruptura–, Vicente volve ser noticia. 

O mozo abriu unha nova conta de Instagram e estreouna cun duro ataque a Cepeda, con quen  Aitana podería ter iniciado unha relación tras meses de indubidable feeling entre eles.

Tras o balbordo xerado nos últimos días, Vicente decidiu porse diante dos seus seguidores nun directo de Instagram, no que respondeu aos comentarios que se ían publicando.

"Cepeda meteuse no directo din… Si, e a miña tía a do pobo tamén. Se me ten bloqueado o 'rata' e iso que é a conta nova", comentou o mozo.

Con este comentario, o catalán deixa claro que a relación co triunfiño ourensán é de todo menos boa tras os últimos acontecementos.

Vicente chama "rata" a Cepeda
Comentarios