Cadea perpetua para o asasino da golfista española Celia Barquín

A moza cántabra era considerada unha das maiores promesas do mundo do golf. Nacida en Torrelavega, era a vixente campioa de Europa cando Collin Richards acabou coa súa vida

Celia Barquín
photo_camera Celia Barquín e o seu asasino.

Collin Richards, asasino da golfista española Celia Barquín, declarouse culpable polos feitos sucedidos o pasado 18 de setembro de 2018, segundo a fiscal Jessica Reynolds do Condado de Story (Iowa) e foi condenado a cadea perpetua.

En primeira instancia, Richards, de 22 anos, declarouse inocente, pero finalmente confesouse culpable nunha audiencia previa ao xuízo final, que se celebrará no mes de setembro.

Richards foi condenado a cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional tras admitir que foi el quen asasinou á golfista.

"O meu corazón está coa familia de Celia hoxe coa esperanza de que este resultado lles brinde certo nivel de confort. Este crime tráxico é algo que nos conmoveu e entristecido a todos", dixo a fiscal Reynolds nun comunicado.

O corpo de Barquín foi atopado nos campos de golf de Coldwater Links, en Amed (estado de Iowa) onde estudaba Ingienería Civil.

A moza cántabra era considerada unha das maiores promesas do mundo do golf. Nacida en Torrelavega, era a vixente campioa de Europa tras gañar o Campionato Individual feminino 2018.

Comentarios