viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Confirman a presenza de Covid-19 nun gato en Reino Unido

Un gato doméstico. PIXABAY
Un gato doméstico. PIXABAY
Non hai evidencia de que a mascota lle transmitise o virus aos seus donos

O xefe de Veterinaria de Reino Unido confirmou que o virus responsable do Covid-19 foi detectado nun gato de compañía. A infección foi confirmada tras as probas realizadas no laboratorio da Axencia de Saúde Animal e Vexetal (APHA) en Weybridge o pasado mércores. 

Aínda que este é primeiro caso confirmado dunha infección animal coa cepa do coronavirus en Reino Unido, sinalan que "non hai evidencia que suxira que o animal estivo involucrado na transmisión da enfermidade aos seus donos ou que as mascotas ou outros animais domésticos sexan capaces de transmitir o virus ás persoas". 

"Toda a evidencia dispoñible suxire que o gato contraeu o coronavirus dos seus donos que previamente deran positivo no test de Covid-19. Desde entón, o gato e os seus donos recuperáronse completamente e non houbo transmisión a outros animais ou persoas no fogar", explican. 

"Este é un evento moi raro con animais infectados detectados ata a data que só amosan signos clínicos leves e recupéranse en poucos días. Non hai evidencia que suxira que as mascotas transmitan directamente o virus aos humanos. Continuaremos monitoreando esta situación de cerca e actualizaremos a nosa guía para os donos de mascotas se a situación cambia", comentou a xefa de Veterinaria, Christine Middlemiss

"Este é o primeiro caso dun gato doméstico que dá positivo na proba de Covid-19 no Reino Unido, pero non debería ser motivo de alarma. A investigación deste caso suxire que a infección se propagou de humanos a animais, e non ao revés. Neste momento, non hai probas de que os animais domésticos poidan transmitir a enfermidade aos humanos", sinalou a directora médica de Saúde Pública de Inglaterra, Yvonne Doyle. 

O gato de compañía foi diagnosticado inicialmente por un veterinario privado co virus do herpes felino, unha infección respiratoria común dos gatos, pero a mostra tamén foi analizada para o SARS-CoV-2 como parte dun programa de investigación. As mostras de seguimento analizadas no laboratorio da APHA en Weybridge confirmaron que o gato tamén estaba coinfectado co SARS-CoV2, que é o virus que se sabe que causa o Covid-19 nos seres humanos. 

O caso foi notificado á Organización Mundial de Sanidade Animal en liña cos compromisos internacionais. Houbo un número moi reducido de casos confirmados en mascotas noutros países de Europa, América do Norte e Asia. 

Confirman a presenza de Covid-19 nun gato en Reino Unido
Comentarios