Viernes. 25.05.2018 |
El tiempo
Viernes. 25.05.2018
El tiempo

Falecen os 71 pasaxeiros dun avión ruso estrelado preto de Moscova

Avión ruso accidentado. EFE
Avión ruso accidentado. EFE

O avión, pertencente á compañía Saratovskie Avialinii, desapareceu dos radares pouco despois de despegar ► Non hai ningún español entre as vítimas

Un birreactor de pasaxeiros AN-148 con 71 persoas a bordo estrelouse este domingo nos arredores de Moscova, informaron medios locais. Entre os 65 pasaxeiros e seis tripulantes non hai sobreviventes, segundo informou unha fonte próxima aos servizos de emerxencia.

Fontes oficiais rusas confirmaron ao Consulado Xeral de España en Moscova que non habería viaxeiros españois no avión. Segundo a conta oficial de Twitter da Embaixada española en Rusia, entre as 71 persoas que morreron non hai ningún español.

O aparello, segundo unha fonte citada pola axencia Interfax, estrelouse entre as localidades de Arguntsevo e Stepanovo, na provincia de Moscova.

Aldeáns desa zona dixeron a ese mesmo medio que viron como o AN-148 caía a terra envolvido en chamas.

O avión, pertencente á compañía Saratovskie Avialinii, desapareceu dos radares pouco despois de despegar do aeroporto moscovita Domodédovo rumbo á cidade de Orsk, ao sur dos Urales.

Falecen os 71 pasaxeiros dun avión ruso estrelado preto de Moscova