Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

Incerteza en Italia tras unhas eleccións sen maiorías claras

O candidato ás eleccións polo partido Movemento 5 Estrelas, Luigi Di Maio. ALESSANDRO DI MEO (EFE)
O candidato ás eleccións polo partido Movemento 5 Estrelas, Luigi Di Maio. ALESSANDRO DI MEO (EFE)

A coalición de centrodereita liderada por Berlusconi tería gañado os comicios, aínda que o Movemento Cinco Estrelas foi o partido máis votado en solitario. Mattarella abrirá consultas a partir do 23 de marzo

O xefe de Estado italiano, Sergio Mattarella, abrirá o período de consultas para coñecer se se pode formar un Goberno a finais de mes e despois da elección dos presidentes da Cámara dos Deputados e do Senado, que comezará o 23 de marzo.

Os resultados das eleccións deste domingo deixaron en Italia un escenario de fragmentación política e sen maiorías, liderado pola coalición de centrodereita, pero co Movemento Cinco Estrelas ( M5S), como partido máis votado en solitario. A primeira etapa para comezar a nova lexislatura iníciase co rexistro no Parlamento, entre o 8 e o 9 de marzo, dos deputados e senadores elixidos nas urnas. O 23 de marzo celebrarase a primeira reunión da Cámara dos Deputados e do Senado para elixir os presidentes.

No Senado establécese o criterio da ancianidade polo que presidirá a sesión o expresidente da República e senador vitalicio Giorgio Napolitano, de 93 anos. 

Na Cámara dos deputados presidirá un dos vicepresidentes da pasada lexislatura que serían Luigi Di Maio ou Roberto Giaccheti, do PD, na súa substitución. No Senado elixirase o presidente de maneira rápida, xa que tras tres votacións se ningún supera a maioría absoluta, vótase entre os dous candidatos con maiores apoios.

Pero na Cámara dos deputados complícanse as cousas pois para elixir o presidente necesítanse os dous terzos no primeiras tres votacións e despois unha maioría absoluta. Poden pasar varios días ata que os deputados se poñan de acordo. Tocaralle despois ao presidente do Goberno en funcións Paolo Gentiloni presentar a súa dimisión definitiva e entón Mattarella comezará as consultas.

Acudirán ao Quirinal, sede da presidencia da República, primeiro os presidentes das Cámaras e despois os representantes dos grupos parlamentarios. Despois Mattarella tomarase un par de días de reflexión e expresará a súa decisión. Durante estas semanas antes do 23 de marzo, Mattarella gardará silencio e estudará as decisións dos partidos que tecerán as súas posibles alianzas ou acordos, polo menos para buscar un candidato para colocar nas Cámaras.

Polo momento, só unha posible e difícil alianza entre a  Liga Norte, o partido máis votado de centrodereita con preto o 18% e o M5S co 31% podería dar unha maioría. Pero a incógnita será a cal dos dous líderes se lle encargará formar Goberno, ao do Movemento 5 Estrelas, Luigi Di Maio, ou ao da liga Norte, Matteo Salvini.

Do mesmo xeito que Giorgio Napolitano en 2013, Mattarella terá no seu poder a difícil decisión sobre o futuro político italiano.

A política italiana deu nas últimas décadas probas das múltiples solucións que poden sacar ao país da situación de ingobernabilidade con gobernos técnicos, gobernos de obxectivo ou con programa pactado. 

Incerteza en Italia tras unhas eleccións sen maiorías claras