Segunda vítima mortal polo brote de coronavirus ao norte de Italia

O número de persoas contaxiadas subiu a 26 ►Dez pobos do norte do país, cunhas 50.000 persoas, permanecen illados
Trabajadores en un hospital de la localidad italiana de Codogno. EFE
photo_camera Trabajadores en un hospital de la localidad italiana de Codogno. EFE

Unha muller faleceu este sábado a cause do coronavirus en Italia, o que supón a segunda vítima mortal no país por esta causa. Mentres, contabilizáronse outros 28 contagios, todos eles no norte, onde se sitúa o foco da infección que se cobraba este venres a súa primeira vítima mortal, un home de 78 anos, a localidade de Monselice, na rexión de Veneto.

Dos contaxiados, 26 atópanse na rexión de Lombardía e 2 no Véneto, no norte do país. Ademais, outros tres pacientes permanecen ingresados desde hai semanas nun hospital de Roma afectados pola enfermidade. 

As autoridades italianas engadiron que, ademais dos contaxiados hai outras 250 están en observación para comprobar se o puideron contraer. Dez pobos do norte de Italia, cunhas 50.000 persoas, foron illados, despois de que se detectase un novo caso que non tiñan controlado. 

O pobo de Vo Euganeo, onde se detectaron os dous casos en Veneto, foi tamén illado e comezáronse as análises ao resto da poboación que puido ter contacto cos pacientes.

As autoridades confirmaron este venres que había 18 persoas contaxiadas polo coronavirus e outras 250 en observación

Crese que a cadea de contaxio iniciouse cun home de 38 anos da localidade de Codogno, a uns 60 quilómetros ao sueste de Milán, que ingresou grave no hospital. As autoridades cren que podería contraer o virus despois de cear cun amigo que regresara de China, pero que deu negativo nas probas para este virus. O virólogo Giorgio Palù argumentou que cabe a posibilidade de que este home que viaxou de China tivese unha cantidade clinicamente insignificante de coronarivus no seu corpo no momento dos exames, pero que o contaxiou ao seu amigo durante a cea.

As autoridades de Lombardía pediron aos residentes de dez municipios, aos que agora se sumarán algúns de Veneto, que non salgan das súas casas de forma temporal e decretouse o peche de colexios, restaurantes, negocios e instalacións deportivas como medida de precaución. Segundo o diario italiano La Repubblica, a medida afecta polo menos a 50.000 persoas que quedaron "illadas" de forma provisional ata que as autoridades aconsellen volver facer vida normal.

O ministro de Sanidade, Roberto Speranza, tratou de tranquilizar aos cidadáns e dixo que o Goberno xa tiña un plan preparado porque "era evidente que o que pasou podía suceder".

As mortes polo coronavirus en China son xa 2.345 e os infectados, 76.288 casos, segundo informou a Comisión Nacional de Saúde do país asiático.

Comentarios