Agustín Hernández: ''Son capaz de disfrutar no restaurante pratos que non me gustan nada se os tomo na casa''

O conselleiro Agustín Hernández veuse de Madrid a Galicia en febreiro de 1987 como Enxeñeiro de Camiños, para ocupar un cargo directivo na empresa privada, logo iniciou a sua carreira na Administración galega pero a cociña da sua nai aínda o leva cara Madrid varias veces ó ano, aínda que él fai "pinitos" coa lubina.


                                                  
Pregunta
: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O que máis me gusta é a tortilla de pataca que a miña nai me fai sempre que a vou ver a Madrid, duas ou tres veces ó ano. Non me gusta nada a coliflor en ningunha das suas variantes, nin o bacallao.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: As que máis me gustan son a auga e a cervexa e non bebo nunca un "vermouth" no aperitivo.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R
: A tarta de mazá que fai a miña nai nos cumpleanos e festas familiares e faina con masa quebrada....é unha gran cociñeira.

P: Na cociña, ¿que prato se lle da mellor?

R: Non cociño moito...en realidade só fago lubina salvaxe á sal, cando temos invitados en casa, en Santiago. No que sí sei que destaco é na limpeza da cociña que vai despois da preparación de comidas...eu deixo todo igual que antes de empezar.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Pois sí, por exemplo no único que eu cociño que é a lubina á sal, hai xente que lle engade un chorro de limón pero eu non son partidario e prefiro simplemente limpar o peixe e botarlle ó sal. Todo o que se engada despois só estropea ó plato. E para comela, eu acompáñoa con maionesa.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Pois depende...En vacacións non fago a comida do mediodía para aproveitar o tempo noutras cousas. Nesas épocas, como nos catro días de descanso que pasei nas Illas Canarias, desayuno moi forte con ovos fritos, emparedados, tostadas, zumo de naranxa, café con leite e bolería industrial, e logo xa na cea tomo unha ensalada ou un filete á prancha. Fora das vacacións, sigo facendo ceas lixeiras, o xantar do mediodía e como moita froita.
Pero tamén exercito o tapeo si un día saio pola tardee ou a noitiña ou estou de viaxe en lugares novos. En Galicia para o tapeo, me gustan moito Santiago e Lugo.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Na casa son comensal clásico pero fora me gusta innovar e de feito, fora de casa son capaz de comer o que non me gusta feito en casa. Esto me ocorre con platos que leven leite e nata, que en casa nin os probo pero fora sí me gustan.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Pois sin preferencias, ambos por igual.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Cando chego a casa me gusta coller uns "picos de Jerez" (paneciños en forma de pao e pequechos) con "fuet" ou queixo e me vale calqueira queixo galego, aínda que o de "tetilla" de Arzúa me gusta moito de postre con marmelo

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Quedeime co rico que está o tiramisú que fai Flavio Morganti, no seu restaurante "Galileo" en Ourense e as anguías que probei en Portomarín. Tamén unha "galiña ó sal" que probei nunhas festas locais de Cerdedo (Pontevedra) e que cociñan nun gran caldeiro que poñen no forno.

P
: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Non me ven ningunha a cabeza.

P
: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Teño pendente probar as troitas do río Eo en unha casa do encoro de Belesar

P
: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R
: Pois o meu fillo Fernando, que ten 12 anos e está feito un pillabán.

P
: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: A falta de lealdade.

P
: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: O que comemos demostra cómo somos...eu debo ser raro según esto.

Comentarios