Ascenso dos termómetros nun xoves con nubes no norte

Mapas con las previsiones. METEOGALICIA
photo_camera Mapas con las previsiones. METEOGALICIA

Galicia afronta o xoves coa previsión de que trae un ascenso das temperaturas e algunhas nubes, concentradas especialmente no norte. As proxeccións de Meteogalicia anuncian tamén néboas no interior, que, como as nubes, irán desaparecendo co avance das horas.

Nunha xornada con ventos do nordés —frouxos no interior e moderados no litoral—, as temperaturas mínimas moveranse nas cidades galegas entre os dous graos de Lugo e Ourense e o sete da Coruña e Ferrol. As máximas alcanzarán os 18 en Vigo.