lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

Unha borrasca deixará choivas este martes en Galicia

Previsión de Meteogalicia
Previsión de Meteogalicia

As temperaturas mínimas ascenderán, pero as máximas sufrirán un descenso

Unha borrasca activa situada ao oeste de Portugal afectará este martes a Galicia, de forma que os ceos estarán parcialmente nubrados con precipitacións intermitentes, algo máis cuantiosas pola tarde cando poderían vir acompañadas de tormenta. As temperaturas mínimas ascenderán, pero as máximas sufrirán un descenso, polo que a oscilación térmica será escasa. 

Segundo as previsións de Meteogalicia, nas grandes urbes galegas os termómetros non baixarán dos 12 graos en Lugo, Pontevedra, Santiago, Ferrol e Ourense. En canto aos valores máis altos, na capital lucense ou na Boa Vila non superarán os 22 graos, mentres que na cidade das Burgas chegarase aos 25.

Unha borrasca deixará choivas este martes en Galicia
Comentarios