viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

A borrasca Lola traerá outra xornada de chuvascos e tormentas

TEMPO
Predición para este domingo. METEOGALICIA

O tempo seguirá marcado este domingo pola presenza da borrasca Lola ao oeste de Portugal, polo que se esperan precipitacións e tormentas en case calquera zona da península, que poderían ser localmente fortes en Galicia, Asturias, Estremadura e zonas de Castela e León e Andalucía.

Galicia continuará durante o domingo nunha situación de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas, de maneira que se esperan ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos, localmente tormentosos, máis probables pola tarde.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no extremo norte. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, virando progresivamente ao nordeste na costa norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 14º/22º, Ferrol 14º/23º, Lugo 11º/23º; Ourense 14º/26º; Pontevedra 13º/22º; Santiago 12º/21º; Vigo 15º/22º.

A borrasca Lola traerá outra xornada de chuvascos e tormentas
Comentarios