Ceos cubertos acompañados de chuvascos este luns en Galicia

As temperaturas descenderán lixeiramente
Una mujer con paraguas. ADRA PALLÓN
photo_camera ADRA PALLÓN

Galicia continuará neste día no radio da acción da profunda borrasca localizada ao oeste de Irlanda. Deste xeito viviremos unha xornada de ceo parcialmente cuberto e chuvascos intermitentes, que ocasionalmente poderían vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico.

A cota de neve ao comezo do día estará nos 1300 metros e irá en progresivo descenso ata os 1100 metros á noite. As temperaturas descenderán lixeiramente, quedando os termómetros en valores baixos para esta época do ano. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos pola mañá, aumentando a moderados a partir do mediodía.

meteogalicia

Comentarios