jueves. 17.06.2021 |
El tiempo
jueves. 17.06.2021
El tiempo

Ceos cubertos e algún orballo este venres en Galicia

Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE
EFE
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso

A fronte fría que chegou a Galicia durante a madrugada aínda continuará durante a mañá sobre Galicia, así que comezaremos a xornada con ceos cubertos e algún orballo. Co avance do día iranse abrindo claros, coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional na metade leste da Comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

meteogalicia

Ceos cubertos e algún orballo este venres en Galicia
Comentarios