Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Ceos cubertos e máis choiva para este mércores

Persiste o aire frío en Galicia

Este mércores Galicia mantense na influencia das baixas presións con aire frío nas capas altas da atmosfera.

Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos que novamente poderán vir acompañados de saraiba e tormentas.

A cota de neve situarase nas primeiras horas do día nos 1.200-1.300, ascenderá aos 1.400 metros á tarde e volverá descender aos 1.000 metros na madrugada.

As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. O vento soprará de compoñente sur, moderado con refachos fortes no litoral e zonas altas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas: A Coruña 9° 15°; Ferrol 10° 15°; Lugo 4° 14°; Ourense 7° 16°; Pontevedra 8° 16°; Santiago 7° 13°; Vigo 8° 15°. 

Ceos cubertos e máis choiva para este mércores
Comentarios