sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Ceos despexados este martes en Galicia

As temperaturas non terán cambios moi significativos, con lixeiros ascensos das mínimas

As altas presións localizaranse entre os Azores e a península Ibérica, polo que a estabilidade atmosférica seguirá sendo predominante. Deste xeito os ceos estarán moi abertos, agás en vales do interior onde as néboas serán predominantes pola mañá.

As temperaturas non terán cambios moi significativos, con lixeiros ascensos das mínimas, aínda que isto non impedirá de novo a presenza de xeadas. Os ventos soprarán frouxos do suroeste no litoral norte e de dirección variable no resto. 

meteogalicia

Ceos despexados este martes en Galicia
Comentarios