viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Ceos despexados este sábado en Galicia

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas ascenderán 

O sábado Galicia estará con influencia das altas presións entrando en forma de cuña ao norte da península Ibérica. Polo tanto, teremos un día de ceos despexados, con presenza dalgunha nube de tipo alto e posibilidade de brétemas no Golfo Ártabro.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente.

O vento soprará frouxo de compoñente norte, sendo máis intenso nas Rías Baixas pola tarde.

Meteogalicia

Ceos despexados este sábado en Galicia
Comentarios