martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

A chuvia non aparecerá até o final dun martes que se agarda asollado en Galicia

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso

O martes Galicia manterase na influencia das altas presións, coa chegada dunha fronte ao final do día que entrará polo oeste da Comunidade. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados.

A partir de media tarde as nubes baixas entrarán polo litoral atlántico e á noite chegarán as chuvias ás provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso.

O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

meteogalicia

A chuvia non aparecerá até o final dun martes que se agarda...
Comentarios