Ceos grises e choiva para o último domingo de abril

O aire frío persiste sobre Galicia

Este domingo persiste o aire frío sobre Galicia deixando moita inestabilidade. Polo tanto, esperamos un día de ceos parcialmente anubrados con probabilidade de choiva en calquera punto.

A cota de neve situarase en torno aos 1000 metros.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Estas son as mínimas e máximas previstas para as principais cidades: 
 

A Coruña 7°/13°; Ferrol 5°/15°; Lugo 2°/13°; Ourense 6°/15°; Pontevedra  7°/ 14°; Santiago de Compostela 4°/13°; Vigo 7°/14°.

Comentarios