Ceos parcialmente nubrados e temperaturas máximas en descenso este martes en Galicia

Mapa da previsión do tempo para este luns. METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este luns. METEOGALICIA

Durante a xornada deste martes, Galicia estará con influencia anticiclónica débil e ventos de compoñente norte debido ao paso dunha fronte pouca activo. Deste xeito, os ceos permanecerán parcialmente nubrados na maior parte do territorio pola mañá, con algunhas precipitacións débiles no terzo norte, quedando practicamente despexados canto máis ao sur. 

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. As últimas oscilarán entre os 22º de A Coruña e os 34º de Ourense. Lugo manterase entre os 16º de mínima e os 28º de máxima.

Pola súa banda, segundo a información de Meteogalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando a súa intensidade co avance do día. 

Comentarios