viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Chega o anticiclón

Este martes progresivamente Galicia quedará na influencia anticiclónica, polo que se esperan intervalos de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco ocasional, máis probable pola mañá no extremo norte. A cota de neve situarase sobre os 500-600 metros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado do nordés. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior e as máximas seguirán sen cambios significativos. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán até os 13 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán até un grao en Lugo e en Ourense. 
 

Chega o anticiclón
Comentarios