Chegan as tormentas a Galicia durante a xornada do mércores

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas non terán cambios significativos
Unha turista pasea por unha praia de Foz nun día de verán con mal tempo. JM ALVEZ
photo_camera Unha turista pasea por unha praia de Foz nun día de verán con mal tempo. JM ALVEZ

A presenza de aire frío en altura traerá un alto grao de inestabilidade durante a xornada do mércores. Isto fará que teñamos os ceos parcialmente nubrados con chuvascos de carácter tormentoso, máis xeneralizados durante a tarde, ocasionalmente de forte intensidade e acompañados de sarabia e aparato eléctrico.

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas non terán cambios significativos.

Os ventos soprarán do nordés no terzo norte, moderados en xeral, fortes nos arredores de Bares e variables-frouxos no resto.

Comentarios