A choiva regresa este xoves xunto a un descenso das temperaturas

A cota de neve situarase pola noite nos 1.200 metros, baixando dos 1.000 metros xa na madrugada do venres
Previsión para este xoves
photo_camera Previsión para este xoves

O xoves as altas presións retiraranse cara ao oeste e deixarán a Galicia na influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas, con réxime de ventos do oeste e progresiva entrada de aire frío.

Con esta situación, a xornada comezará cos ceos parcialmente cubertos e con chuvascos, que comezarán polo noroeste e a partir do mediodía serán probables en calquera punto da comunidade autónoma.

A cota de neve situarase pola noite nos 1.200 metros, baixando dos 1.000 metros xa na madrugada do venres.

As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente, especialmente as mínimas con formación de xeadas no interior, e o vento soprará de compoñente oeste moderado, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas na segunda metade do día. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 9º 14º, Ferrol 8º 14º; Lugo 2º 11º; Ourense 2º 12º; Pontevedra 6º 14º; Santiago 5º 13º; Vigo 5° 14°. 

Comentarios