viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

A choiva volve a Galicia

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Con máis inestabilidade e nubes, a choiva volve á comunidade este venres. As previsións de Meteogalicia anuncian intervalos de nubes e claros e chuvascos de carácter tormentoso, máis xeneralizados pola tarde. O xoves xa deixou un adianto nalgunhas zonas.

En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios, máis aló dalgún leve ascenso no terzo norte. Así as cousas, moveranse entre os 5 graos de Lugo e os 11 da Coruña. As máximas, mentres, descenderán lixeiramente. Estarán entre os 19 de Lugo e Santiago e os 24 de Ourense.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña     11°     20°    
Ferrol             9°     20°    
Lugo              5°     19°
Ourense      10°     24°    
Pontevedra   9°     20°    
Santiago       8°     19°
Vigo             10°     20°

 

Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 

A choiva volve a Galicia