A choiva volverá a Galicia este venres pola tarde

Este venres Galicia quedará na influencia dos ventos de compoñente oeste que deixarán unha xornada de ceos parcialmente cubertos con choivas que comezarán a rexistrarse a partir do mediodía pola franxa atlántica e que chegarán a toda a Comunidade co avance da tarde.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos e o vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas cidades: A Coruña 9°/18°; Ferrol 9°/20°; Lugo 7°/19°; Ourense 9°/22°; Pontevedra 9°/20°; Santiago 9°/17°; Vigo 11°/20°.

Comentarios