martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

As choivas da mañá remitirán co avance da xornada

Este sábado Galicia quedará nunha situación intermedia, cunha pequena borrasca movéndose polo oeste de Portugal. Así, espéranse intervalos anubrados con chuvascos máis frecuentes durante a mañá e que irán remitindo co avance do día. Mentres, a cota de neve situarase nos 800 metros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente oeste na primeira metade do día, sendo frouxo de dirección variable o resto do día. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 13 graos en Vigo, Ourense, Ferrol e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até un grao en Lugo. 

As choivas da mañá remitirán co avance da xornada
Comentarios