jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Choivas ocasionais e temperaturas en descenso

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia

Despois do paso dunha fronte na xornada do martes de Entroido, Galicia quedará este mércores nunha zona intermedia entre altas e baixas presións. Con esta situación, espéranse intervalos nubrados con chuvascos, máis ocasionais e illados pola tarde. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior e moderados na costa, aumentando durante a noite a fortes no litoral norte. As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro descenso. 

En concreto, por cidades, as temperaturas mínimas oscilarán entre o tres graos de Lugo, Santiago e Ourense e os 10 da Coruña, mentres que as máximas estarán entre os 15 graos de Ourense e os 13 que experimentarán o resto de grandes urbes galegas. 

Choivas ocasionais e temperaturas en descenso
Comentarios