Chuvascos e temperaturas agradables para o primeiro mércores de outono

Previsión para este mércores
photo_camera Previsión para este mércores

Unha fronte afectará a Galicia durante este mércores. Deste xeito espéranse ceos con nubes de tipo medio e alto con posibilidade de chuvascos, máis probables pola mañá.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 16º 20º 
Ferrol 16º 21º
Lugo 15º 22º 
Ourense 16º 25º 
Pontevedra 16º 22º 
Santiago 16º 22º
Vigo 18º 23º. 

Comentarios